Segundo paso: modificar a declaración xa presentada
En "Apartados declaración " seleccionarase a opción "Modificar declaración Renda 2024 xa presentada":

E na xanela marcarase o recadro 103:

Renda Web advirte da actualización de importes xa que con carácter xeral non se ten que cubrir ningún dato de forma manual pois trae de forma automática os números de xustificantes, os ingresos previos a computar en cada caso e as devolucións xa acordadas.

Pódese comprobar que aparece o resultado da primeira declaración (274,51 €), o importe efectivamente xa ingresado que corresponde ao primeiro prazo e que foi ingresado por Bizum (164,71 €) e a débeda pendente de ingreso (109,80 €) correspondente ao segundo prazo que foi domiciliada:

Cando o resultado da autoliquidación rectificativa sexa un importe a ingresar superior ou a devolver inferior ao da autoliquidación inicial deberase indicar o motivo concreto de corrección sinalando o que corresponda de entre algún dos seguintes supostos:

Unha vez seleccionado o motivo pulsarase “Aceptar” e no resumo de declaracións xa se poderá visualizar o resultado da modificación:

Como a nova declaración supón unha cantidade adicional a pagar compútanse tanto os ingresos xa realizados como as domiciliadas pendentes de ingreso; é dicir, computarase o resultado total a ingresar da anterior autoliquidación estea ou non ingresada.
Neste suposto, o resultado da autoliquidación rectificativa xerará un ingreso adicional de 348,00 € que deberá ser satisfeito.