Introdución
A través da opción de modificar a declaración poderase tanto presentar unha autoliquidación rectificativa como cambiar a opción de tributación elixida.
Unha vez presentada a declaración, ao acceder de novo a Renda Web detectarase esta situación, polo que para modificara haberá que pulsar sobre “Modificar declaración presentada ”:

No resumo de declaracións visualizarase o resultado da declaración inicialmente presentada.
Para rectificar, completar ou modificar as autoliquidacións presentadas de IRPF 2024, unha vez realizadas as modificacións necesarias no apartado de Renda Web "Modificar declaración Renda 2024 xa presentada" seleccionarase a opción de autoliquidación rectificativa.
Con carácter xeral non se ten que cubrir ningún dato de forma manual pois Renda Web trae de forma automática os números de xustificantes, os ingresos previos a computar en cada caso, as devolucións xa acordadas e mostrará o resultado da autoliquidación rectificativa.
Para cambiar a opción de tributación no apartado de Renda Web "Modificar declaración Renda 2024 xa presentada" seleccionarase cambiar de opción.