Saltar ao contido principal
Como modificar unha declaración xa presentada

Resultado da autoliquidación rectificativa a devolver

No caso de que a nova declaración supoña unha devolución seguiranse os pasos sinalados a continuación.

No seguinte exemplo presentouse unha declaración cun resultado de 609,34 € a devolver:

Exemplo de declaración con resultado a devolver

Paso 1 : realizaranse os cambios necesarios na declaración presentada obtendose un novo resultado a devolver de 801,59 €, cantidade que se mostra o resumo de declaracións:

Exemplo de declaración con resultado a devolver, unha vez realiazados os cambios necesarios na declaración

Paso 2 : en "Apartados declaración " seleccionarase a opción "Modificar declaración Renda 2025 xa presentada":

Dentro de apartados da declaración, selecciona a opción

E na xanela marcarase o recadro 103:

Recadro 103

Con carácter xeral non se ten que cubrir ningún importe de forma manual pois trae de forma automática os números de xustificantes e o importe das devolucións xa acordadas pola Administración. Polo tanto, non se computan as solicitadas polo contribuínte que non  fosen acordadas pola AEAT.

Continuando co exemplo, como non foi acordada aínda a devolución, aparece importe “0,00” como devolución acordada:

Devolución acordada pola Axencia Tributaria

Desta forma, no resumo de declaracións, ao non haberse acordado ningunha devolución con anterioridade, aparece como resultado da modificación o novo importe de 801,59 €, substituíndo ao da declaración anterior. De existir algunha devolución previa, solicitaríase agora unicamente a diferenza.

Presentar declaración

Paso 3 : procederase a presentar a nova declaración desde o orixinal que se queira modificar pulsando sobre “Presentar declaración” da pantalla anterior.