Entidades en réxime de atribución de renda
Que entidades comprende, que caracterízaas, e cales son as obrigas
Entidades ás que se aplica este réxime
-
As comunidades de bens incluídas as comunidades de propietarios.
-
As herdanzas xacentes.
-
As sociedades civís. Ata o 1 de xaneiro de 2016 todas tributaban neste réxime. Desde esa data só se aplica a:
-
As sociedades civís sen personalidade xurídica.
-
As sociedades civís con personalidade xurídica que non teñan un obxecto mercantil; é dicir, aquelas que se dediquen a:
- actividades agrícolas
- actividades gandeiras
- actividades forestais
- actividades mineiras
- e, as de carácter profesional sometidas á Lei de sociedades profesionais
-
-
Calquera entidade que non tendo personalidade xurídica constitúa unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición.
-
As constituídas no estranxeiro cuxa natureza xurídica sexa idéntica ou análoga á das entidades en atribución de rendas constituídas de acordo coas leis españolas.
Entidades que non están sometidas a este réxime
Entre outras:
-
Desde o 1 de xaneiro de 2016 as sociedades civís con personalidade xurídica e obxecto mercantil.
-
As sociedades agrarias de transformación.
-
As comunidades titulares de montes veciñais en man común.
-
As unións temporais de empresas.