Rendementos de actividades económicas
Cando realizas unha actividade económica
Realizas unha actividade económica cando ordenas por conta propia os medios de produción e/ou os recursos humanos co fin de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos.
Son rendementos de actividades económicas os que proceden do exercicio de:
Actividades de fabricación.
Actividades de construción.
Actividades de comercio.
Actividades de prestación de servizos.
Actividades artesás.
Actividades agrícolas, gandeiras, forestais e pesqueiras.
O exercicio de profesións liberais, artísticas e deportivas.
O arrendamento de bens inmobles se para a ordenación da actividade tes unha persoa empregada con contrato laboral e a xornada completa.
Actividades extractivas.
Actividades mineiras.