Novidades publicadas no INFORMA 2023
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de marzo
138283 - XUROS DE MORA INDEMNIZATORIOSModifícase para adaptara ao novo criterio de integración dos xuros de mora na base impoñible xeral.
146483 - USUFRUTO E NÚA PROPIEDADE: ADQUISICIÓN MORTIS CAUSAAclárase que no caso de falecemento dun cónxuxe e adquisición do cónxuxe supérstite de seu parte da vivenda habitual (plena propiedade, usufruto ou núa propiedade), non se poderá aplicar a dedución por investimento en vivenda habitual polas cantidades que se aboen pola nova titularidade se o falecemento se produciu a partir do 1 de xaneiro de 2013.
135410 - XUROS DE MORA TRIBUTARIOSOs xuros de mora abonados pola AEAT están suxeitos ao IRPF como ganancia patrimonial, a integrar na base impoñible xeral, conforme ao novo criterio fixado pola Sentenza do Tribunal Supremo 24/2023, do 13 de xaneiro. Tamén se integrarán na base impoñible xeral os abonados por outras Administracións Públicas ou entidades de dereito público ou privado. Informe DGT do 8 de marzo de 2023.
146449 - AMPLIACIÓN DA DEDUCIÓN POR MATERNIDADE EN 2020, 2021 E 2022Amplíase a dedución por maternidade por todos os meses correspondentes de 2020, 2021 e 2022 en que as traballadoras por conta allea pasaron a situación legal de desemprego (por ERTE con suspensión total, suspensión para vítimas de violencia de xénero ou inactividade de fixas-discontinuas) ou en que as traballadoras por conta propia pasaron a percibir a prestación por cesamento de actividade. Débese solicitar na declaración do IRPF de 2022. Disposición adicional 38ª.4 da Lei do IRPF.
146465 - PRESTACIÓNS DE XUBILACIÓN PERCIBIDA DA OTAN E A ONUAs prestacións por xubilación, percibidas da OTAN e a ONU polas persoas físicas residentes en España tributan como rendementos do traballo.
135409 - XUROS DE MORA EN EXPROPIACIÓN FORZOSAModifícase para adaptara ao novo criterio de integración dos xuros de mora na base impoñible xeral.
142217 - SUSPENSIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO POR ERTE ATA 2019 (modificación)Modifícase para adaptara á ampliación da dedución por maternidade para os exercicios 2020, 2021 e 2022 levada a cabo polo novo apartado 4 da disposición adicional 38ª da Lei do IRPF.