Pagamentos fraccionados
Que son, cando e como tes que efectuaros
Cando tes que realizar pagamentos fraccionados
Debes realizaros cando exerces unha actividade económica con independencia do método (estimación directa ou obxectiva) que utilices para determinar os teus rendementos.
No caso de entidades en atribución de rendas que exerzan actividades económicas os pagamentos fraccionados débeos realizar cada socio, comuneiro ou partícipe en proporción á súa participación no beneficio da entidade.
Non debes realizar pagamentos fraccionados:
-
Nas actividades profesionais cando, no ano natural anterior, polo menos o 70% dos ingresos da actividade foron obxecto de retención ou ingreso a conta.
-
Nas actividades agrícolas, gandeiras e forestais cando, no ano natural anterior, polo menos o 70% dos ingresos da explotación, a excepción das subvencións correntes ou de capital e as indemnizacións, foron obxecto de retención ou ingreso a conta.
Cando inicias unha actividade, para calcular o 70%, terás en conta os ingresos obxecto de retención ou ingreso a conta do período ao que se refire o pagamento fraccionado.