Declaración individual ou conxunta
Coñece as modalidades de presentación da declaración de Renda
Que é unha unidade familiar
Con carácter xeral, a declaración do IRPF preséntase de forma individual. Non obstante, as persoas integradas nunha unidade familiar poden declarar de forma conxunta.
A unidade familiar está formada:
En caso de matrimonio, polo cónxuxes non separados legalmente e, se os houbese:
-
Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
-
Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Tras a reforma do Código Civil tamén se inclúen os fillos maiores de idade con discapacidade sobre os que se establecese unha curadoría representativa por resolución xudicial.
Se non existe matrimonio ou nos casos de separación legal, está formada por:
O pai ou a nai e a totalidade dos fillos que convivan cun ou outro e reúnen os requisitos sinalados anteriormente.
A maioría de idade acádase aos 18 anos.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro de cada ano.