Proxectos
Saltar índice da informaciónProba piloto "Consultas sobre operacións intracomunitarias - CBR"
Esta proba piloto, que comezou en xuño de 2013, permite ás empresas formular consultas en materia de IVE sobre o tratamento de transaccións intracomunitarias complexas mediante a presentación da solicitude no Estado membro onde estean rexistradas para os efectos do IVE e obter resposta, tras a análise da cuestión por parte de todos os Estados membros afectados.
A presentación dunha CBR non garante que os Estados membros acaden un acordo sobre como tratar, para os efectos do IVE, as operacións en cuestión.
Actualmente, participan neste proxecto os seguintes Estados membros: Bélxica, Dinamarca, Irlanda, Estonia, España, Francia, Italia, Chipre, Letonia, Lituania, Malta, Hungría, Países Baixos, Polonia, Portugal, Eslovenia, Finlandia e Suecia.