NOTA INFORMATIVA
Coñece o sistema de garantías previsto no apartado undécimo no anexo da LIVE
De acordo co sistema de garantías previsto no apartado undécimo no anexo da LIVE , o último depositante das gasolinas, gasóleos e biocarburantes destinados a ser usados como carburante que se extraian do depósito fiscal, ou o titular do depósito fiscal no caso de que sexa o propietario dos devanditos produtos, estará obrigado a constituír e manter unha garantía do ingreso do Imposto sobre o Valor Engadido correspondente ás entregas suxeitas e non exentas que se fagan posteriormente dos devanditos bens, agás que non sexa esixible por tratarse dun operador económico autorizado ou dun operador confiable.