Alugo un local, teño que ingresar IVE? como?
Infórmate do IVE a aplicar no alugamento de locais
Non están exentos do imposto, debendo o arrendador repercutir IVE ao 21 %, os seguintes arrendamentos:
-
Arrendamentos de locais, oficinas, naves industriais, azoteas ou fachadas para antenas ou carteis publicitarios.
-
Arrendamentos de garaxes e rochos non anexos a vivendas ou que non se alugan conxuntamente coas mesmas.
-
Arrendamentos de construcións dedicadas á gandaría independente da explotación do solo.
-
Arrendamentos de terreos destinados a estacionamento de vehículos, depósito e almacenaxe de produtos (agás os de carácter agrario), instalación de elementos dunha actividade empresarial, exposicións e publicidade.
O arrendador debe presentar o modelo 303, para o cal dispón do seguinte servizo de axuda:
Axuda confección modelo 303 para arrendadoresExemplo: o arrendamento da azotea dun edificio de vivendas para a instalación dunha antena de telefonía móbil está suxeita a IVE. A comunidade de propietarios deberá declarar e ingresar o IVE correspondente.