Novidades de normativa
Saltar índice da informaciónRegulamento de Execución (UE) 2021/2007 da Comisión polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (UE) nº 904/2010 do Consello en relación co réxime especial das pequenas empresas (réxime de franquía)
Con data 17 de novembro de 2021 publícase no DOUE o Regulamento de Execución (UE) 2021/2007 da Comisión do 16 de novembro de 2021 polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (UE) nº 904/2010 do Consello no que respecta ao réxime especial das pequenas empresas establecido polo título XII, capítulo 1, da Directiva 2006/112/CE do Consello.
As novas medidas permitirán que as pequenas empresas establecidas en Estados membros distintos daquel en que se deveña o IVA tamén poidan beneficiarse da franquía, cuxo deseño, na actualidade, só permite conceder unha franquía en virtude do réxime ás empresas establecidas no Estado membro no que se devindica o IVA.
O Regulamento de Execución (UE) 2021/2007 ten por obxecto establecer unha mensaxe electrónica común co fin de facilitar:
o acceso á información doutro Estado membro, como, por exemplo, a información relativa aos datos de identificación e o valor das entregas de bens ou as prestacións de servizos efectuadas polo suxeito pasivo que se acolla ao réxime especial aplicado polo Estado membro no que teña lugar a entrega ou prestación;
unha transmisión e un tratamento eficaces da información relativa ao rexistro das pequenas empresas necesarios para que estas poidan acollerse ao réxime especial fóra do seu Estado membro de establecemento;
o intercambio de información entre os Estados membros para controlar a correcta aplicación do réxime especial ou exclusión do réxime, no seu territorio e loitar contra a fraude.
Así mesmo, establécense determinados requisitos mínimos da interface electrónica en caso de presentación de notificacións por parte dos suxeitos pasivos.Non debe impedirse, non obstante, que os Estados membros establezan funcionalidades suplementarias que reduzan aínda máis esa carga.
Este Regulamento será aplicable a partir do 1 de xaneiro de 2025.
Reglamento de Ejecución (UE) 2021/2007 de la Comisión de 16 de noviembre de 2021por el que se establecen normas de desarrollo del Reglamento (UE) nº 904/2010 del Consejo en lo que respecta al régimen especial de las pequeñas empresas.