Novidades de normativa 2022
Saltar índice da informaciónOrde HFP/1172/2022, do 29 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2023 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido
No BOE do día 1 de decembro publicouse a Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2023 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido.
Esta Orde mantén a estrutura da Orde HFP/1335/2021, do 1 de decembro, pola que se desenvolven para o ano 2022 o método de estimación obxectiva do IRPF e o réxime simplificado do IVE.
Polo que se refire ao IVE, a presente orde tamén mantén, para 2023, os módulos, así como as instrucións para a súa aplicación, aplicables no réxime especial simplificado no ano inmediato anterior.