Que requisitos debo cumprir para poder deducir o IVE?
Para poder deducir as cotas de IVE soportadas debes cumprir os seguintes requisitos
Para poder deducir as cotas de IVE soportadas debes cumprir os seguintes requisitos
-
Ser empresario ou profesional para os efectos do IVE
-
Realizar operacións que dan dereito á dedución.
-
As cotas soportadas deben referirse a bens ou servizos que se afecten á túa actividade empresarial ou profesional.
-
Estar en posesión da factura ou do documento xustificativo do teu dereito, que deberá cumprir cos requisitos regulamentariamente establecidos e estar contabilizada no Libro rexistro de facturas recibidas.
-
Unha vez cumprido o anterior, exercer o dereito á dedución na declaración-liquidación correspondente, sempre que non supere o prazo dos catro anos seguintes ao momento da devindicación das cotas de IVE.