1.4.2. Forma
Atendendo ao número de rexistros de percepción e o tipo de persoa ou entidade declarante, o modelo 180 deberá presentarse da forma que en cada caso corresponda de que se indican no seguinte cadro:
Persoa ou entidade declarante | Nº de rexistros de percepción | Forma de presentación |
---|---|---|
Adscritos á DCGC / UGGE (1) Sociedades anónimas Sociedades de responsabilidade limitada Administracións Públicas |
Ata 10.000.000 rexistros | *Electrónica, a través de Internet, con sinatura electrónica avanzada ou un sistema de identificación e autenticación, en ambos os dous casos utilizando un certificado electrónico recoñecido emitido de acordo ás condicións que establece a Lei 59/2003 de Sinatura Electrónica que resulte admisible pola Axencia Estatal de Administración Tributaria segundo a normativa vixente en cada momento. |
Máis de 10.000.000 rexistros | *Electrónica, a través de Internet, con sinatura electrónica avanzada ou un sistema de identificación e autenticación, en ambos os dous casos utilizando un certificado electrónico recoñecido emitido de acordo ás condicións que establece a Lei 59/2003 de Sinatura Electrónica que resulte admisible pola Axencia Estatal de Administración Tributaria segundo a normativa vixente en cada momento. *Soporte directamente lexible por ordenador (exclusivamente DVD-R ou DVD+R) |
|
Persoas Físicas | Ata 10.000.000 rexistros | *Electrónica, a través de Internet con sistema de sinatura con clave de acceso (sistema Cl@ve PIN) *Electrónica, a través de Internet, con sinatura electrónica avanzada ou un sistema de identificación e autenticación, en ambos os dous casos utilizando un certificado electrónico recoñecido emitido de acordo ás condicións que establece a Lei 59/2003 de Sinatura Electrónica que resulte admisible pola Axencia Estatal de Administración Tributaria segundo a normativa vixente en cada momento. |
Máis de 10.000.000 rexistros | *Electrónica, a través de Internet con sistema de sinatura con clave de acceso (sistema Cl@ve PIN) *Electrónica, a través de Internet, con sinatura electrónica avanzada ou un sistema de identificación e autenticación, en ambos os dous casos utilizando un certificado electrónico recoñecido emitido de acordo ás condicións que establece a Lei 59/2003 de Sinatura Electrónica que resulte admisible pola Axencia Estatal de Administración Tributaria segundo a normativa vixente en cada momento. *Soporte directamente lexible por ordenador (exclusivamente DVD-R ou DVD+R) |
|
Restantes declarantes | Ata 10.000.000 rexistros | *Electrónica, a través de Internet, con sinatura electrónica avanzada ou un sistema de identificación e autenticación, en ambos os dous casos utilizando un certificado electrónico recoñecido emitido de acordo ás condicións que establece a Lei 59/2003 de Sinatura Electrónica que resulte admisible pola Axencia Estatal de Administración Tributaria segundo a normativa vixente en cada momento. |
Máis de 10.000.000 rexistros | *Electrónica, a través de Internet, con sinatura electrónica avanzada ou un sistema de identificación e autenticación, en ambos os dous casos utilizando un certificado electrónico recoñecido emitido de acordo ás condicións que establece a Lei 59/2003 de Sinatura Electrónica que resulte admisible pola Axencia Estatal de Administración Tributaria segundo a normativa vixente en cada momento. *Soporte directamente lexible por ordenador (exclusivamente DVD-R ou DVD+R) |
(1) Persoas ou entidades adscritas á Delegación Central de Grandes Contribuíntes ou a algunha das Unidades de Xestión de Grandes Empresas das Delegacións Especiais da AEAT.
Atención: este Programa de Axuda non xera en ningún caso declaracións en soporte directamente lexible por ordenador.
Para que este Programa de Axuda poida xerar declaracións válidas para ser presentadas utilizando o servizo de sinatura coa clave de acceso (sistema Cl@ve PIN) cómpre que o equipo informático dispoña dunha conexión a Internet por medio da que poida obterse automaticamente o número identificativo da declaración, sen que para iso sexa precisa a utilización de sinatura electrónica avanzada.