2.1. Declarante
Adhira no espazo reservado para ese fin as etiquetas identificativas fornecidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria e faga constar o teléfono de contacto no recadro correspondente.
Se, excepcionalmente, non dispuxese das mencionadas etiquetas, faga constar a totalidade dos datos que se solicitan neste apartado, incluíndo xunto aos seus datos identificativos os relativos ao seu domicilio fiscal. Neste caso, deberá anexar á presente declaración unha fotocopia do documento acreditativo do seu número de identificación fiscal (N.I.F.).