2.3. Declaración complementaria ou substitutiva
Marcarase cunha "X" o recadro "Declaración complementaria" cando a presentación da declaración teña por obxecto incluír percepcións que, debendo ser incluídas noutra declaración do mesmo exercicio presentado con anterioridade, fosen completamente omitidas na mesma. Na declaración complementaria soamente incluiranse as percepcións omitidas que motivan a súa presentación.
Marcarase cunha "X" o recadro "Declaración substitutiva" cando a presentación da declaración teña por obxecto anular e substituír completamente a outra declaración anterior na que se incluísen datos inexactos ou erróneos.
No caso de declaracións substitutivas, farase constar tamén neste apartado o número identificativo de 13 díxitos correspondentes á declaración anterior.