Tipo de declaración
O resultado da declaración sempre será positivo (agás para o tipo de declaración “Sen Actividade ”) e para ingresaro cumprirá o Número de Referencia NRC.
Debe marcar:
- Ingreso Total: Cando se ingrese a totalidade do saldo de cotas de IVE resultante da declaración.
- Ingreso Parcial: Cando non se ingrese a totalidade do saldo de cotas de IVE resultante da declaración. Deberá encher no recadro “Importe” o saldo das cotas de IVE que se vaia a ingresar e o saldo pendente de ingresar aparecerá no recadro “Importe pendente de ingresar”.
- Sen ingreso: Cando non se ingrese ningún importe do saldo de cotas de IVE resultante da declaración.
Se con posterioridade á presentación da declaración desexa efectuar o ingreso dun saldo de cotas de IVE pendente de ingresar deberá presentar unha declaración modificativa para o mesmo exercicio e período. Lémbrase que só poderá ingresar en España se o Estado membro de consumo non emitiu un recordatorio de pagamento.