10.1.2. Para os beneficiarios das axudas a vivendas protexidas
Os contribuíntes que teñan dereito a percibir subvencións ou axudas económicas en aplicación da normativa autonómica de Andalucía para a adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual que teña a consideración de protexida, poderán aplicar na cota íntegra autonómica unha dedución de 30 euros, no período impositivo que se lle recoñeza o dereito.
No suposto de declaración conxunta, se houbese varios beneficiarios de axudas a vivendas protexidas, a dedución que hai que aplicar será igualmente de 30 euros, sen que proceda a súa multiplicación en función do número de membros da unidade familiar beneficiario da axuda.
REQUISITOS:
-
Os ingresos anuais da unidade familiar en que se integre o contribuínte, non debe exceder de 2,5 veces o IPREM (16.135,07 euros) no casa de vivendas protexidas de réxime especial, 3,5 veces o IPREM (22.589,10), no caso de vivendas protexidas de réxime xeral e 5,5 veces o IPREM (35.497,16 euros) nas vivendas protexidas de prezo limitado, de acordo co que se establece no artigo 3 do Plan de Vivenda e Rehabilitación de Andalucía 2016-2020.
-
Considéranse ingresos anuais da unidade familiar os compostos pola base impoñible xeral e a base impoñible do aforro.
Formalización
Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar, marcando cunha “X”, se percibiu subvencións ou axudas económicas en aplicación da normativa autonómica de Andalucía para a adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual que teña a consideración de protexida.
No caso de que optase por realizar un tipo de captura de datos individuais, habilitarase un recadro que deberá marcar cunha “X” se as bases impoñibles xerais e do aforro de todos os membros da unidade familiar en que se integre o contribuínte non exceden dos límites.