Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.1.3. Por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida e polas persoas mozos

  • Dedución por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida.

    Polas cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición, ou rehabilitación da vivenda que constitúa ou vaia a constituír a residencia habitual do contribuínte aplicarase unha dedución do 2 por 100, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

    1. Que a vivenda teña a cualificación de protexida segundo a normativa da Comunidade Autónoma Andaluza na data da devindicación do imposto.

    2.  Os ingresos anuais da unidade familiar en que se integre o contribuínte, non debe exceder de 2,5 veces o IPREM (16.135,07 euros) no casa de vivendas protexidas de réxime especial, 3,5 veces o IPREM (22.589,10), no caso de vivendas protexidas de réxime xeral e 5,5 veces o IPREM (35.497,56 euros) nas vivendas protexidas de prezo limitado,  de acordo co que se establece no artigo 3 do Plan de Vivenda e Rehabilitación de Andalucía 2016-2020.

    3.  Considéranse ingresos anuais da unidade familiar os compostos pola base impoñible xeral e a base impoñible do aforro

    4.  A adquisición, ou rehabilitación da vivenda, segundo a data do contrato de adquisición ou de obras, débese iniciar a partir do día 1 de xaneiro de 2003.

    5. e) Esta dedución será incompatible coa dedución por investimento en vivenda habitual por mozos.

  • Dedución por investimento en vivenda habitual por mozos

    Polas cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición ou rehabilitación da vivenda que constitúa ou vaia a constituír a residencia habitual do contribuínte aplicarase unha dedución do 3 por 100, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

    1. O contribuínte debe ser menor de 35 anos na data de devindicación do imposto. En caso de tributación conxunta, o requisito da idade débeo cumprir polo menos un do cónxuxes, ou se é o caso, o pai ou a nai no suposto de familias monoparentais.

    2. A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non debe superar 19.000 euros en tributación individual ou 24.000 euros en tributación conxunta.

    3. A adquisición ou rehabilitación da vivenda, segundo a data do contrato de adquisición ou de obras, débese iniciar a partir do día 1 de xaneiro de 2003.

    4. Esta dedución será incompatible coa dedución por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida.

BASE DE DEDUCIÓN:

A base da dedución determínase de acordo cos requisitos e circunstancias previstas na normativa estatal do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas na súa redacción en vigor a 31 de decembro de 2012.

Formalización

Deberá consignar o importe do investimento realizado polo contribuínte. En caso de matrimonio, se ambos os dous cónxuxes satisfixeron as cantidades por partes iguais deberá indicar o 50 por 100 da totalidade das cantidades satisfeitas.

Se a vivenda habitual ten a cualificación de protexida deberá marcar cunha “X” no recadro específico establecido para ese fin.

No caso de que optase por realizar un tipo de captura de datos individuais, habilitarase un recadro que deberá marcar cunha “X” se as bases impoñibles xerais e do aforro de todos os membros da unidade familiar en que se integre o contribuínte non exceden dos límites establecidos.