10.1.6. Por adopción de fillos no ámbito internacional
Nos supostos de adopción internacional, os contribuíntes terán dereito a aplicar unha dedución de 600 euros por cada fillo adoptado no período impositivo en que se inscribise a adopción no Rexistro Civil.
Requisitos:
-
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non debe superar 80.000 euros en caso de tributación individual ou 100.000 euros en tributación conxunta.
-
Entenderase que a adopción ten carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables a esta materia.
-
Cando sexan dous os contribuíntes con dereito á aplicación da dedución o seu importe distribuirase por partes iguais.
-
Esta dedución será compatible coas deducións para os beneficiarios de axudas familiares (art.2ª Lei 10/2002, do 21 de decembro).
Formalización
En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados no ámbito internacional.
Noutro caso, o número de fillos adoptados internacionalmente reflectirase no recadro "Titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, reflectindo nela un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.