10.1.7. Para contribuíntes con discapacidade
Os contribuíntes que teñan a consideración legal de persoas con discapacidade por ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, de acordo co baremo a que se refire o 148 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado por Real decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, terán dereito a aplicar unha dedución de 100 euros, sempre que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.
A dedución xéraa o programa automaticamente de acordo cos datos reflectidos na xanela de datos persoais e familiares e á contía da suma das bases impoñibles.