10.1.8. Para pai ou nai de familia monoparental e, se é o caso, con ascendentes maiores de 75 anos
Os contribuíntes que sexan nais ou pais de familia monoparental na data de devindicación do imposto, terán dereito a aplicar na cota íntegra autonómica unha dedución de 100.
A dedución incrementarase adicionalmente en 100 euros por cada ascendente maior de 75 anos que xere o dereito á aplicación do mínimo por ascendentes.
Cando varios contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución prevista no parágrafo anterior, estarase ás regras de rateo, convivencia e demais límites previstos na normativa estatal do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Límite de base impoñible:
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non debe superar 80.000 euros en tributación individual ou a 100.000 euros en caso de tributación conxunta.
Concepto de familia monoparental:
Terá a consideración de familia monoparental a formada pola nai ou o pai e todos os fillos que convivan cun ou outro e que reúnen algún dos seguintes requisitos:
-
Fillos menores de idade, con excepción de que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes .
-
Fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Formalización
Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar se ten dereito á dedución.
A xanela reflectirá o número de ascendentes maiores de 75 anos con dereito ao mínimo por ascendentes.