10.11.11. Por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico ou innovación tecnolóxica
Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica do imposto o 25 por cento, ata o límite do 10 por cento da devandita cota dos donativos monetarios que se fagan a favor de centros de investigación adscritos a universidades galegas e de promovídosos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que tangan como obxecto o fomento da investigación científica e no desenvolvemento e a innovación tecnolóxica.
A dedución queda condicionada á súa xustificación documental. Neste sentido as entidades beneficiarias estarán obrigadas a presentar relación das persoas físicas donatarias, durante os primeiros 20 días do ano, con respecto ás doazóns recibidas o exercicio anterior.
FORMALIZACIÓN: Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar o importe satisfeito no exercicio con dereito á dedución.