Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.11.4. Por contribuíntes con discapacidade de idade igual ou superior a 65 anos, que precisen axuda de terceiras persoas

O 10% das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros.

Requisitos:

  • A base impoñible total minorada no mínimo persoal e familiar non sobrepase de 22.000 euros en tributación individual e de 31.000 euros en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.

  • Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos deben estar afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e acreditar a necesidade da axuda de terceiras persoas.

  • As persoas cuxa incapacidade fose recoñecida xudicialmente considérase que teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia do grao de discapacidade que teñan recoñecido. Non obstante deberán acreditar igualmente a necesidade de axuda de terceiras persoas.

  • O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Formalización

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar marcando unha "X" se ten dereito á dedución e o importe satisfeito a terceiros.