Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.11.6. Por alugamento da vivenda habitual

O contribuínte poderá deducir o 10 por 100 das cantidades que satisfixese durante o período impositivo en concepto de alugamento da súa vivenda habitual, cun límite de 300 euros por contrato de arrendamento, tanto en tributación individual como na conxunta. Esta dedución será do 20 por cento cun límite de 600 euros se ten dous ou máis fillos menores de idade.

As contías fixadas para esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

Requisitos:

  1. O contribuínte debe ter 35 anos ou menos na data da devindicación do imposto.

  2. O contrato de arrendamento debe ser posterior a 1 de xaneiro de 2003.

  3. Que estea en posesión do xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo ou ben copia compulsada da denuncia presentada ante o devandito organismo por non haberlle entregado o devandito xustificante a persoa arrendadora..

  4. A base impoñible, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal e familiar, non debe superar 22.000 euros, tanto en tributación individual como na conxunta. Este requisito será controlado polo programa.

Cando dous contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución, o importe total sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .

A práctica desta dedución quedará condicionada á súa xustificación documental.

No suposto de matrimonios en réxime de gananciais a dedución corresponderá ao cónxuxes por partes iguais aínda que o contrato de arrendamento estea só a nome dun deles .

Tributación conxunta

En caso de tributación conxunta o requisito da idade terá que cumpriro polo menos un do cónxuxes ou, se é o caso, o pai ou a nai.

Formalización

A través da xanela de captura de datos o contribuínte fará constar:

  • O importe total satisfeito polo contribuínte titular da dedución. O programa admite un máximo de tres contratos de arrendamento.
  • O número de persoas con dereito a aplicar a dedución por un mesmo contrato de arrendamento
  • O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.

O programa trasladará os datos incluídos  do anexo B6 da declaración.