Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.12.1. Por nacemento ou adopción de fillos

Os contribuíntes poderán deducir as seguintes cantidades por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo:

  1. 600 euros se se trata do primeiro.

  2. 750 euros se se trata do segundo.

  3. 900 euros se se trata do terceiro ou sucesivos.

No caso de partos ou adopcións múltiples, as contías anteriores incrementaranse en 600 euros por cada fillo.

Para determinar o número de orde do fillo nado ou adoptado atenderase os fillos que convivan co contribuínte á data de devindicación do imposto, computandose tanto os fillos naturais como os adoptivos.

Requisitos:

  • Só terán dereito á dedución os pais que convivan cos fillos nados ou adoptados. Cando os fillos nados ou adoptados convivan con ambos os dous pais o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles , se optasen por tributación individual.

  • A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar 25.620 euros en tributación individual e 36.200 euros no caso de tributación conxunta. Este límite, así como o importe da dedución son aplicados e controlados polo programa.

Formalización

A través dunha xanela de captura de datos indicaranse:

  • Na fila que corresponda segundo o número de orde, sinalaranse nos recadros «Común», ou «Do Titular »os fillos nados ou adoptados no exercicio. Cando en caso de matrimonio os fillos comúns ao cónxuxes convivan con ambos os dous e representen para ambos os dous o mesmo número de orde, o dato reflectirase no recadro "Común". Noutro caso, o dato reflectirase no recadro «Do Titular », indicando, ademais, se os fillos conviven con ambos os dous pais ou adoptantes

  • Datos adicionais: No caso de partos ou adopcións múltiples, sinalaranse de acordo cos criterios anteriores, o número de fillos nados en partos múltiples ou adoptados en adopcións múltiples.