Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.12.2. Por adopción internacional de nenos

No suposto de adopción internacional, os contribuíntes poderán deducir 600 euros por cada fillo adoptado no período impositivo.

Esta dedución é compatible coa dedución por nacemento ou adopción anterior.

Cando ambos os dous pais adoptivos convivan co neno a dedución ratearase entre eles por partes iguais.

A adopción terá carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables nesta materia.

Formalización

En caso de matrimonio se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados no ámbito internacional.

Noutro caso, o número de fillos adoptados internacionalmente reflectirase no recadro "Declarante". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, se os fillos conviven con ambos os dous pais adoptivos.