10.13.3. Por gastos de gardaría para fillos menores de 3 anos
Os contribuíntes poderán deducir o 15 por 100 das cantidades satisfeitas por gastos de custodia en gardarías e centros escolares de fillos menores de tres anos, cun máximo de 330 euros en tributación individual e 660 euros en tributación conxunta, por cada fillo desa idade.
No caso de unidades familiares compostas por un só dos pais e fillos menores, o límite máximo de dedución será de 660 euros en tributación individual ou conxunta, por cada fillo desa idade.
Requisitos
-
Que ambos os dous cónxuxes traballen fóra do domicilio familiar. En caso de unidades familiares monoparentais, que o pai ou a nai que ten a custodia do fillo traballe fóra do domicilio familiar.
-
Que ambos os dous cónxuxes, ou o pai ou a nai en caso de unidades familiares monoparentais, obteñan rendas procedentes do traballo persoal ou de actividades empresariais ou profesionais.
No caso de contribuíntes falecidos en día distinto a 31 de decembro non procede a aplicación da dedución ao non reunir o requisito de integración en unidade familiar.
No suposto de familias monoparentais, en que se da circunstancia de garda e custodia compartida, só o pai ou a nai que forme unidade familiar cos fillos poderá aplicar a dedución.
-
Que a base impoñible xeral, menos o mínimo persoal e familiar, sexa inferior a 19.360 euros, en declaracións individuais, e inferior a 33.880 euros en declaracións conxuntas, sempre que a base impoñible do aforro, sexa cal for a modalidade de declaración, non supere 1.202,02 euros. No suposto de unidades familiares compostas polo pai ou a nai e os fillos menores a base impoñible xeral, menos o mínimo persoal e familiar, debe ser inferior a 19.360 euros, sempre que a base impoñible do aforro non supere 1.202,02 euros. Estes límites serán controlados polo programa.
Familia numerosa
As unidades familiares que teñan a consideración de familia numerosa poderán aplicar esta dedución cando a base impoñible xeral menos o mínimo persoal e familiar sexa inferior a 44.000 euros, sempre que a base impoñible do aforro non supere 1.202,02 euros. Estes límites serán controlados polo programa.
Formalización
Na fila que corresponda segundo o número de orde dos fillos indicarase o importe dos gastos satisfeitos por cada fillo que cumpra os requisitos.
Cando o importe satisfeito corresponda ao cónxuxes por partes iguais reflectiranse nos recadros correspondentes da columna "Por ambos os dous cónxuxes". Se os gastos corresponden só ao titular da declaración, se reflejaránen a columna "Polo titular da declaración ".
Se o titular da dedución forma parte dunha familia numerosa deberá marcar o recadro correspondente da xanela de captura de datos.