10.13.8. Por gastos de material escolar
Os contribuíntes poderán aplicar unha dedución de 100 euros pola adquisición de material escolar e libros de texto derivado da escolarización dos seus descendentes no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
Terán dereito á dedución, os contribuíntes que cumpran os seguintes requisitos:
-
No suposto de contribuíntes que non formen parte dunha unidade familiar que teña a condición legal de familia numerosa:
-
En declaración individual, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 15.000 euros.
-
En declaración conxunta, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 30.000 euros.
-
-
No suposto de contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que teña a condición legal de familia numerosa:
-
En declaración individual, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 25.000 euros.
-
En declaración conxunta, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 40.000 euros.
A dedución corresponderá ao ascendente que satisfixese as cantidades destinadas á adquisición dos libros de texto e do material escolar. Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución, o importe desta ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
Para a aplicación da presente dedución, só teran en contase a aqueles descendentes que dean dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
O importe da dedución deberá minorarse, por cada descendente, na cantidade correspondente ás bolsas e axudas obtidas no período impositivo procedente de calquera Administración Pública, que cubra a totalidade ou parte dos gastos por adquisición de material escolar ou libros de texto.
-
Formalización : Deberá indicar nos recadros habilitados para ese fin os seguintes datos diferenciados:
-
O importe dos gastos que corresponden ao titular, pola adquisición de material escolar e libros de texto.
-
O número de fillos que orixinen o gasto reflectido, diferenciando fillos de ambos os dous cónxuxes dos fillos do titular da declaración.
-
Deberá indicar, se é o caso, marcando cunha X, se forma parte dunha familia numerosa.