10.2.2. Por nacemento ou adopción dun fillo en atención ao grao de discapacidade
O nacemento ou adopción dun fillo cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento outorgará o dereito a unha dedución de 200 euros.
Esta dedución é compatible coa dedución por nacemento ou adopción do terceiro fillo ou sucesivos.
O grao de discapacidade deberá estar referido á data de devindicación do imposto e recoñecido mediante resolución expedida polo órgano competente en materia de servizos sociais.
Cando os fillos que dean dereito á dedución convivan con máis dun contribuínte, o importe da dedución ratearase por partes iguais.
Formalización
En caso de matrimonio se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Comúns" o número de fillos nados ou adoptados no ano co grao de discapacidade requirido.
Noutro caso, o número de fillos con dereito á dedución, nados ou adoptados no ano, reflectirase no recadro "Do titular ". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, reflectindo nela un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.