Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.2.4. Polo coidado de persoas en situación de dependencia

Polo coidado de persoas en situación de dependencia: 150 euros.

Requisitos:

  • A persoa con dependencia debe convivir co contribuínte, polo menos durante a metade do período impositivo.

  • Considerarase persoa  en situación de dependencia  ao ascendente maior de 75 anos e ao ascendente ou descendente cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, calquera que sexa a súa idade.

  • Non procederá a dedución se a persoa con dependencia ten rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros.

  • A suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, non poderá exceder de 35.000 en declaración conxunta e 21.000 euros en declaración individual. Este requisito é controlado polo programa, non sendo que, tratandose de unidades familiares, optasen pola captura individual de datos.

  • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o seu importe ratearase por partes iguais. Cando a dedución corresponda a contribuíntes con distinto grao de parentesco, a súa aplicación corresponderá aos de grao máis próximo, non sendo que estes non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.

Formalización

En caso de matrimonio se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Comúns" o número de persoas en situación de dependencia con dereito á dedución. Noutro caso, reflectirase no recadro "Do titular. Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a esas persoas, reflectindo nela un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dúas persoas con dereito á mesma.