10.4.2. Por gastos de adquisición de libros de texto
Polo concepto de gastos en libros de texto editado para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e os ciclos formativos de formación profesional específica, deducirase o 100 por 100 dos importes destinados a aqueles gastos por cada fillo que curse os devanditos estudos.
O importe da dedución será igual á suma de todos os gastos de adquisición de libros de texto correspondente a todos os fillos que cursen os estudos establecidos. A contía máxima da dedución será o resultado de multiplicar o importe máximo deducible previsto pola lei para cada tramo de renda do período, polo número de fillos que orixinen os devanditos gastos.
Para os efectos da aplicación desta dedución só poderán terse en conta os fillos que dean dereito ao mínimo familiar por descendentes.
A dedución aplicada polos gastos orixinados non pode exceder de determinados límites.
Para a Tributación individual, os devanditos límites son os seguintes:
Base impoñible * |
LIMITE dedución |
---|---|
Ata 6.500,00 euros |
100 euros/fillo |
Entre 6.500,01 e 10.000,00 euros |
75 euros/fillo |
Entre 10.000,01 e 12.500,00 euros |
50 euros/fillo |
* Base impoñible total.
Para a Tributación conxunta os devanditos límites son os seguintes:
Base impoñible* |
LIMITE dedución |
---|---|
Ata 10.000,00 euros |
200 euros/fillo |
Entre 10.000,01 e 20.000,00 euros |
100 euros/fillo |
Entre 20.000,01 e 25.000,00 euros |
75 euros/fillo |
* Base impoñible total.
Nota: As contías máximas establecidas por cada fillo que dea dereito á dedución son controladas polo programa.
A aplicación desta dedución esixirá que a cantidade resultante da suma da súa base impoñible xeral e da súa base impoñible do aforro,, non supere o importe de 25.000,00 euros en tributación conxunta e de 12.500,00 euros en tributación individual.
Para a aplicación desta dedución abondará que calquera dos membros integrantes da unidade familiar estea en posesión da correspondente factura que xustifique os devanditos gastos, documentos que terán que manterse a disposición da Administración tributaria.
No caso de que os contribuíntes presenten declaración individual, a contía máxima legalmente deducible ratearase en partes iguais entre os membros da unidade familiar que presenten declaración, con independencia de cal sexa o réxime económico matrimonial.
Formalización
A través dunha xanela de captura de datos deberá indicarse o importe do gasto satisfeito polo titular da declaración, indicando pola súa parte no recadro que proceda (fillos comúns ou exclusivamente dun do cónxuxes), o número de fillos que orixinaron o gasto.