Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.5.13. Por alugamento de vivenda habitual

Os contribuíntes poderán deducir o 15 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo, cun máximo de 500 euros anuais, polo alugamento da súa vivenda habitual,

Requisitos:

  1. Que non obtivesen no período impositivo rendas superiores (base impoñible xeral mas base impoñible do aforro)

    • 20.000 euros en tributación individual.

    • 30.000 euros en tributación conxunta.

    • A aplicación da presente dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do nome e NIF do arrendador, da identificación catastral da vivenda habitual e do canon arrendaticio anual.

  2. Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 por 100 das rendas obtidas (base impoñible xeral).

Formalización

Na xanela indicaranse as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento. O programa dá opción para incluír ata dúas vivendas habituais en alugamento.

En caso de matrimonio cando o importe satisfeito corresponda ao cónxuxes por partes iguais, consignarase o 50 por 100 do total das cantidades satisfeitas por ambos os dous.

Deberá reflectir tamén o NIF do arrendador, se o arrendador non ten NIF deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia, e a referencia catastral da vivenda.

O programa trasladará os datos incluídos  no  anexo B6 da declaración.