10.5.8. Por contribuíntes con discapacidade e maiores de 65 anos
Por circunstancias persoais poderán aplicarse as seguintes deducións compatibles entre si:
-
Por cada contribuínte con discapacidade e cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100: 300 euros.
-
Por cada contribuínte maior de 65 anos: 120 euros.
A determinación das circunstancias persoais e familiares que deban terse en conta para a aplicación desta dedución realizarase atendendo á situación existente na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro de 2017).
Só terán dereito a aplicar esta dedución os contribuíntes que non obtivesen rendas no exercicio en que se orixina o dereito á dedución por un importe superior a 39.000 euros na súa base impoñible xeral sumada á base impoñible do aforro e, no suposto de tributación conxunta, cando a unidade familiar non obtivese rendas por un importe superior a 52.000 euros.
Nota: A dedución será calculada polo programa de acordo cos datos reflectidos na xanela de datos persoais e familiares.