Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.5.9. Por gastos de gardaría

Por gastos de custodia en gardarías de nenos menores de 3 anos, os contribuíntes que ostenten legalmente sobre eles a patria potestade ou a tutela, poderán deducir o 15 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo, cun máximo de 400 euros anuais por cada neno.

Requisitos:

  • Os titulares da patria potestade ou tutela deben traballar fóra do domicilio familiar polo menos 900 horas no período impositivo.
  • Ningún dos titulares da patria potestade ou tutela debe obter no período impositivo rendas (base impoñible xeral mas base impoñible do aforro) superiores a 39.000 euros. En tributación conxunta, este requisito entenderase cumprido se a renda  da unidade familiar non excede de 52.000 euros. Este requisito será controlado polo programa.
  • Entenderase por gardaría todo centro autorizado pola Consellaría competente do Goberno das Canarias para a custodia de nenos menores de tres anos.
  • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á dedución e non opten, ou non poidan optar pola tributación conxunta, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
  • A dedución e o límite da mesma no período impositivo en que o neno cumpra os 3 anos calcularanse de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos previstos para a aplicación da dedución.
  • O gasto de gardaría deberase xustificar coa factura correspondente a ese gasto, que debe de cumprir todas as condicións establecidas no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

Formalización

Por cada fillo polo que se teña dereito á dedución deberá indicar:

  • Se o fillo cumpriu tres anos durante o exercicio deberá indicar o número de meses en que era menor de tres anos no exercicio 2017.

  • O importe dos gastos satisfeitos durante o período que se teña dereito á dedución.

  • O número de persoas con dereito a aplicar a dedución: "1" cando só poida aplicara o titular seleccionado; "2" cando poidan aplicara dúas persoas, etc.