Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.6.2. Por coidado de familiares

O contribuínte poderá deducir 100 euros por cada descendente menor de tres anos, por cada ascendente maior de setenta, e por cada ascendente, descendente, cónxuxe ou irmán  con discapacidade física, psíquica ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65 por cen de acordo co baremo a que se refire o artigo 148 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Requisitos:

  • Que o contribuínte estea obrigado a declarar.
  • Que o descendente ou ascendente conviva máis de cento oitenta e tres días do ano natural co contribuínte obrigado a declarar. Exceptúase do cumprimento deste requisito aos menores de tres anos.
  • Que o descendente ou ascendente non teña rendas brutas anuais superiores a 6.000 euros. No caso de ascendentes, descendentes, cónxuxe ou irmáns con discapacidade, o límite de rendas brutas virá determinado polo 1,5 sobre o Indicador Público de de Renda de Efectos Multiples (IPREM), que para o exercicio 2017 será 1,50 por 7.519,59, isto é 11.279,39
  • Terase dereito á dedución aínda que o parentesco séxao por afinidade.

Importante: No caso de contribuíntes falecidos antes do 1 de marzo de 2017 a dedución non será aplicable no caso de cónxuxe ou irmáns con discapacidade.

Formalización

No recadro que corresponda reflectirase o número de descendentes menores de 3 anos e / ou de ascendentes maiores de 70 anos que dean dereito a aplicar a dedución. Adicionalmente, reflectirase o número de descendentes, ascendentes, cónxuxe ou irmáns  con discapacidade en grao igual ou superior ao 65 por 100 que dean dereito á dedución.

En caso de matrimonio se ambos os dous cónxuxes ten dereito á dedución con respecto aos mesmos descendentes ou ascendentes, o seu número reflectirase no recadro "Comúns". Noutro caso, o número de descendentes/ascendentes que dan dereito á dedución reflectiranse no recadro "Do titular "

A dedución só pode ser aplicada polos contribuíntes que estean obrigados a declarar, para estes fins se se encontra nalgunha das situacións que se indican, deberá marcar unha "x" no recadro establecido para ese fin.