Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.7.1. Por nacemento ou adopción de fillos

Os contribuíntes poderán deducir as seguintes cantidades por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo, sempre que xeren o dereito á aplicación do mínimo por descendentes establecidos no artigo 58 da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Cando ambos os dous proxenitores teñan dereito á dedución o seu importe ratearase entre eles por partes iguais. Se algún dos proxenitores non cumprise todos os requisitos para aplicar a dedución, o contribuínte con dereito á mesma só poderá aplicar a parte proporcional da dedución que lle corresponda.

  1. 100 euros no caso de parto ou adopción dun só fillo.

  2. 500 euros no caso de parto ou adopción de dous fillos.

  3. 900 euros no caso de parto ou adopción de tres ou máis fillos.

Requisitos:

  • A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a 36.000 euros en tributación conxunta.

  • O que xera o dereito a cada unha destas deducións é o número de fillos en cada parto, non o número de nacementos durante o exercicio.

Nota: A dedución será calculada polo programa de acordo cos datos que indicase nas xanelas de "Datos persoais e familiares".