10.7.3. Por discapacidade de ascendentes ou descendentes
Por cada descendente ou ascendente con discapacidade a cantidade de 300 euros.
Requisitos:
-
O descendente ou ascendente debe dar dereito ao mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes.
-
O descendente ou ascendente debe acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento.
-
A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a 36.000 euros en tributación conxunta.
-
En tributación conxunta se algún descendente integrante da unidade familiar é persoa con discapacidade no grao esixido aplicarase por el a "dedución por descendentes con discapacidade" e non a correspondente a "contribuíntes con discapacidade".
-
Esta dedución será incompatible coa dedución por ascendente maior de 75 anos. No caso de que o ascendente maior de 75 anos sexa persoa con discapacidade nun grao igual ou superior ao 65 %, aplicarase a dedución por discapacidade.
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución polos mesmos ascendentes ou descendentes, e algún deles non cumpra os requisitos establecidos no punto 3 anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes, ascendentes e discapacidade prevista na lexislación estatal.
Nota: A dedución será calculada polo programa de acordo cos datos que indicase nas xanelas de "Datos persoais e familiares".