10.8.1. Para contribuíntes afectados por discapacidade
Os contribuíntes afectados por discapacidade que teñan 65 ou máis anos, poderán aplicarse a seguinte dedución:
-
300 euros cando se encontren afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
-
656 euros cando o grao de discapacidade sexa igual ou superior ao 65 %.
Os contribuíntes menores de 65 anos e afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %poderán aplicarse unha dedución de 300 euros.
O grao de discapacidade acreditarase mediante certificación do órgano competente na materia, considerandose acreditado cando se trate de contribuíntes cuxa discapacidade sexa declarada xudicialmente.
Requisitos:
-
A base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non debe exceder de 18.900 euros en tributación individual ou 31.500 en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.
-
O contribuínte non debe ser usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade de Castilla y León.
Formalización:
Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá marcar unha "X" se cumpre os requisitos para poder aplicar a dedución.