12.3. Exceso non reducido contribucións empresariais
Exceso non reducido derivado de contribucións empresariais a seguros colectivos de dependencia pedientes de reducir nos exercicios seguintes.
Neste apartado quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0439, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2013 a 2016, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2017, e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.