12.4. Exceso non reducido achegas a favor de persoas con discapacidade
Neste apartado aparecera o exceso non reducido das achegas e contribucións a sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con discapacidade pendente de reduciren os exercicios seguintes.
En primeiro lugar apareceran as achegas pola persoa con discapacidade partícipe, isto é, o declarante, cónxuxe e outras persoas que forman parte da unidade familiar.
Quedarán reflectidas as cantidades introducidas no recadro 0447, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2012 a 2016, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2017, e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.
De seguido aparecerán as achegas realizadas polo declarante e / ou cónxuxe a favor de parentes ou tutelados.
quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0448, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2012 a 2016, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2017, e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.