12.5. Exceso non reducido achegas a patrimonios protexidos
Neste apartado queda reflectido o exceso non reducido das achegas a patrimonios protexidos de persoas con discapacidade pendente de reducir nos exercicios seguintes.
Quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0454, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2013 a 2016, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2017, recadro 0455, e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 4 exercicios seguintes.