13.1. Exceso non reducido achegas mutualidade deportistas profesionais
Neste apartado do anexo C3 aparecera o exceso non reducido das achegas á Mutualidade de previsión social realizadas por deportistas profesionais, pendentes de reducir nos exercicios seguintes.
Quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0463, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2012 a 2016, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2017, e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.