Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

3.1.4. Período impositivo e devindicación do imposto

Como regra xeral o período impositivo coincide co ano natural e o imposto devindícase o 31 de decembro de cada ano.

O período impositivo será inferior ao ano natural exclusivamente no caso de que se produza o falecemento do contribuínte nun día distinto ao 31 de decembro.

En tal suposto o período impositivo termina e devindícase o imposto na data de falecemento.

Do cumprimento das obrigas tributarias pendentes do falecido son responsables os herdeiros ou legatarios.

Falecemento dun contribuínte integrado nunha unidade familiar

Se se produce o falecemento dalgún membro da unidade familiar durante o ano, existen unicamente as seguintes posibilidades de tributación:

  1. Tributación individual de todos os membros da unidade familiar.
  2. Tributación conxunta da unidade familiar (determinada segundo a situación a 31 de decembro) sen incluír o falecido, e tributación individual do falecido.

TRIBUTACIÓN EN PERÍODOS INFERIORES AO ANO

Con carácter xeral, cando o período impositivo é inferior ao ano (tributación individual do contribuínte falecido), son de aplicación as mesmas regras de tributación, incluíndo os importes e límites cuantitativos, establecidos para os períodos impositivos que coinciden co ano natural.