Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

3.3.10. Documentación que debe incluírse no sobre

As declaracións do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas deberán ir acompañadas do exemplar para a Administración do documento de ingreso ou devolución, modelo 100.

Non obstante, nas declaracións realizadas mediante o programa informático elaborado pola Axencia Tributaria (Renda Web), non se esixe a inclusión deste modelo, xa que no seu lugar preséntase unha páxina 0 que contén os datos do documento de ingreso ou devolución.

Non cumprirá incluír ningún outro documento, agás nos supostos especiais que se comentan a continuación.

  • CONTRIBUÍNTES A QUEN SEXA APLICABLE A IMPUTACIÓN DE RENDAS NO RÉXIME DE TRANSPARENCIA FISCAL INTERNACIONAL (art. 91 Lei)

    Deberán presentar os seguintes datos relativos a cada unha das entidades non residentes cuxas rendas se inclúan na declaración:

    • Nome ou razón social e lugar do domicilio social

    • Relación de administradores

    • Balance e Conta de Perdas e Ganancias

    • Importe das rendas positivas que deben ser imputadas

    • Xustificación dos impostos satisfeitos respecto da renda positiva que deba ser imputada

  • CONTRIBUÍNTES QUE EFECTUASEN INVESTIMENTOS ANTICIPADOS DE FUTURAS DOTACIÓNS Á RESERVA PARA INVESTIMENTOS NAS Canarias

    Deberán presentar, canda o exemplar para a Administración da declaración, comunicación da citada materialización e o seu sistema de financiamento.

  • SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN MEDIANTE CHEQUE NOMINATIVO

    Os contribuíntes que soliciten a devolución mediante cheque nominativo do Banco de España deberán presentar conxuntamente coa declaración escrito contendo a devandita solicitude.

  • CONTRIBUÍNTES QUE REALICEN OPERACIÓNS DENTRO DO RÉXIME FISCAL ESPECIAL DAS FUSIÓNS ESCISIÓNS E TROCO DE VALORES. (Capítulo VII, Título VII da Lei do Imposto de sociedades)

    Deberán achegar:

    1. Identificación das entidades participadas na operación e descrición da mesma.

    2. Copia da escritura pública ou documento que corresponda á operación.

    3. No caso en que as operacións se realizasen mediante unha oferta pública de adquisición de accións, tamén deberá achegarse copia do folleto informativo.

Rexistro electrónico xeral da A.E.A.T

Os anteriores documentos ou escritos poderán presentarse en forma de documentos electrónicos a través do rexistro electrónico da Axencia Estatal de Administración Tributaria, de acordo co procedemento previsto na Resolución do 28 de decembro de 2009 pola que se crea a sede electrónica e regúlanse os rexistros electrónicos da AEAT.

A utilización do rexistro telemático xeral mencionado terá carácter obrigatorio naqueles supostos nos o contribuínte desexe efectuar a presentación da súa declaración por vía telemática.