Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

3.4.2. Solicitude de suspensión do ingreso

Cando o contribuínte que utilice o programa  Renda Web  desexe acollerse ao procedemento de suspensión do ingreso da débeda tributaria deberá marcar o recadro 07 do documento de ingreso ou devolución da súa declaración, ou ben o número de recadro  0643 ou  0644 no apartado  P da páxina 18.

Só é posible optar por este procedemento cando o resultado da declaración (recadro 0645) dun do cónxuxes integrantes da unidade familiar sexa unha cantidade positiva (a ingresar) e, simultaneamente, o resultado da declaración do outro cónxuxe sexa unha cantidade negativa (a devolver).

Ademais o programa tampouco permite acollerse a este procedemento de suspensión do ingreso cando se trate de declaracións complementarias.

Se se cumpren estas condicións o programa cubrirá o Apartado  P na páxina 18 de "Solicitude de suspensión do ingreso dun cónxuxe/Renuncia ao cobramento da devolución do outro cónxuxe" minorando o importe que hai que ingresar da declaración positiva ata o máximo que permita o resultado que hai que devolver da outra, que se verá reducido nesa mesma contía.

ATENCIÓN

É importante que o cónxuxe que renuncie, xa sexa total ou parcialmente, ao cobramento efectivo da súa devolución indique na declaración o Código IBAN da conta onde desexaría recibir a devolución á que eventualmente puidese ter dereito como consecuencia das posteriores comprobacións realizadas pola Administración tributaria.