5.1. Datos persoais
Os datos que se solicitan a continuación son necesarios para determinar a existencia ou non de unidade familiar UNIDADE FAMILIAR (ART. 82 LEI), e para calcular o importe do mínimo persoal.
Estado civil (a 31-12 - 2017)
Indique o estado civil a 31 de decembro de 2017 do contribuínte que figure como «1º declarante», conforme a algunha das situacións seguintes:
- Solteiro
- Casado
- Viúvo
- Divorciado ou separado legalmente
No caso de falecemento no ano 2017, deberá indicarse o estado civil do contribuínte na data do falecemento.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase unicamente atendendo á situación existente a 31 de decembro. Polo tanto, no caso de falecemento nun día distinto ao 31 de decembro, o período impositivo termina e devindícase o Imposto na data do falecemento, sen opción por tributación conxunta co resto dos membros da unidade familiar.
Atención : unha vez confirmado este dato, ao saír do asistente para a formalización dos datos persoais, non poderá ser modificado con posterioridade
Ten fillos menores de idade ou incapacitados sometidos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada que formen con vostede unidade familiar?
Indicarase se o contribuínte ten, na data de devindicación do imposto, algún fillo que forme parte da súa unidade familiar; é dicir: fillos menores de 18 anos (non sendo que co consentimento dos pais vivan independentemente destes), ou ben, fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Se os fillos menores de idade (ou incapacitados sometidos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada) perciben rendas, deberá tamén seleccionar o número de fillos perceptores de rendas. O programa só admite un máximo de catro fillos perceptores de rendas.
Atención : unha vez confirmado este dato ao saír do asistente para a formalización dos datos persoais non poderá ser modificado con posterioridade
Cónxuxe non residente que non é contribuínte
Marcarase este recadro cunha "X" se o cónxuxe do contribuínte non é residente en territorio español e, ademais, non ten a condición de contribuínte do IRPF.
Debe advertirse que se o cónxuxe ou calquera outro membro da unidade familiar non é residente en territorio español non cabe a opción polo réxime de tributación conxunta.
Falecemento do declarante (antes do 31 de decembro)
Se o declarante faleceu durante o ano 2017 indique a data de falecemento. Para que se habilite este recadro deberá marcar unha "X" no recadro que aparece na xanela inicial de captura de datos.
Indique o día, mes e ano de nacemento do declarante e, se é o caso, do cónxuxe.
NIF
Farase constar o número de identificación fiscal (NIF) do declarante e, se é o caso do cónxuxe.
Declarante ou cónxuxe con discapacidade
Se o declarante ou o cónxuxe ten unha discapacidade, deberá indicar o seu grao de discapacidade.
Os contribuíntes cuxa discapacidade fose declarada xudicialmente deberán indicar como mínimo un grao de discapacidade do 65 por 100, aínda que non acaden o devandito grao.
Se durante o período impositivo sobreveu a situación de discapacidade ou modificouse o seu grao ou circunstancias, seleccionarase a clave correspondente á discapacidade existente á data de devindicación do imposto (normalmente 31 de decembro).
Deberá seleccionar a clave que corresponda entre as seguintes:
- Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %
- Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %, se se acredita necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida
- Discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %
- Incapacitación xudicial por sentenza da xurisdición civil.