7.1.4. Data e sinatura
Atención non esqueza asinar a declaración antes de presentara, así como o documento de ingreso ou devolución (modelo 100). A falta de sinatura pode ocasionar molestias innecesarias e, no caso de que o resultado da liquidación sexa unha cantidade a devolver, atrasar a súa devolución.
A) DECLARACIÓN INDIVIDUAL
Se se trata de tributación individual, a declaración deberá ser asinada polo contribuínte.
B) DECLARACIÓN CONXUNTA
-
Cando se trate da 1ª modalidade de unidade familiar (integrada por ambos os dous cónxuxes), a declaración deberá ser asinada por ambos os dous cónxuxes («Primeiro declarante» e «Cónxuxe »), actuando en nome propio e en representación, se é o caso, dos fillos membros da unidade familiar.
-
Cando se trate da 2ª modalidade de unidade familiar (en caso de separación legal ou inexistencia de matrimonio), a declaración deberá ser asinada polo «Primeiro declarante», actuando en nome propio e en representación dos fillos membros da unidade familiar.