Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

7.2.1.1. Relacións laborais de carácter especial

O artigo 2 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (aprobado por Real decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo), considera relacións laborais de carácter especial as seguintes:

  • Persoal de alta dirección.

  • Persoal ao servizo do fogar familiar.

  • Penados que realicen actividades laborais en talleres produtivos dos centros penais.

  • Deportistas profesionais.

  • Artistas de espectáculos públicos.

  • Persoas que interveñan en operacións mercantís por conta dun ou máis empresarios (representantes de comercio) sen asumir o risco e ventura daquelas (Real decreto 1438/1985, do 1 de agosto).

  • Persoas con discapacidade que presten os seus servizos en centros especiais de emprego.

  • A dos estibadores portuarios que presten servizos a través de sociedades estatais ou dos suxeitos que desempeñen as mesmas funcións que estas nos portos xestionados polas Comunidades Autónomas.

  • Calquera outro traballo que sexa expresamente declarado como relación laboral de carácter especial por unha Lei.